Propiedades textuais
Coherencia
Propiedade textual relacionada coa capacidade
para transmitir información de maneira que
se entenda, que teña sentido
- un único tema
- información completa, suficiente e non redundante
- ideas non contraditorias
- información cunha estrutura lóxica, en parágrafos
Cohesión
Propiedade textual que permite relacionar
os elementos dun texto entre si,
mediante dous procedementos
Cohesión lexical
Reiteración ou repetición de palabras, uso de termos xenéricos
Colocación:
uso de sinónimos / antónimos, hiperónimos / hipónimos,
holónimos / merónimos
Cohesión gramatical:
uns elementos do texto
remiten a outros
Referencia: para entender ben uns elementos ten que haber outros (pronomes persoais, posesivos, demostrativos, adverbios de lugar)
Substitución: variante da anterior (sobre todo adverbios)
Elipse: omítese unha palabra ou unha parte pero enténdese polo texto
Conxunción: uso de marcadores discursivos
Adecuación
Propiedade textual que consiste
na escolla do rexistro axeitado
á situación comunicativa
Rexistro formal
- Información ben organizada e seleccionada
- Alto grao de corrección gramatical
- Léxico rico e variado (sinónimos, antónimos, hiperónimos...)
- Léxico preciso, termos especializados
- Ton neutro e de respecto
Rexistro informal
- Repeticións e redundancias
- Erros de concordancia, oracións inacabadas
- Variedade léxica escasa
- Léxico pobre, impreciso, palabras comodín, frases feitas, xerga
- Ton cercano, afectivo, exclamacións, vocativos, diminutivos