O GALEGO ANTIGO

Evolución directa do latín vulgar orixinario do territorio de Gallaecia entre os Séculos IX e XV.

CARACTERÍSTICAS XERAIS

Etapa normalizada.

Toda a sociedade é monolingüe.

S. XIV: Separación definitiva
entre galego e portugués.

ETAPAS

ESPLENDOR
(1200-1350)

CARACTERÍSTICAS
XERAIS

Poesía lírica e trobadoresca.

CARACTERÍSTICAS
LINGÜÍSTICAS

Dous reis casteláns
comezan a usar o galego.

Documentos públicos e privados
redactados en galego.

DECADENCIA
(dende 1350)

Non se utiliza o galego para ningún documento, só para a literatura.

Na2ª metade do S. XIV prodúcese en Galicia a penetración do primeiro foco diglósico.

A finais do S.XV orixínase unha nova "invasión" da aristocracia castelá e comeza o período dos séculos escuros.

CARACTERÍSTICAS DOS
DOCUMENTOS ESCRITOS

Presentan unha gran variabilidade lingüistica e inestabilidade gráfica.

ETAPAS

Época
trobadoresca

Fonoloxía

Vocalismo

Presenza das vogais nasais tras
a perda dun -n intervocálico.

Abundancia de hiatos por perda de
consoantes intervocálicas.

Consonantismo

·Grafías -s, -ss /s/ coma o -s actual.
·Grafías -s /z/ coma o -s sonoro francés.

·Grafía /ts/.
·Grafía -z /dz/.

·Grafía -x coma o -x galego actual.
·Grafías -j, -ge, -gi pronunciadas dun xeito
semellante ao -j inglés.

Morfoloxía

Xénero invariable dos nomes
rematados en -or, -ol, -és, -ante.

Formas átonas nos posesivos.

Te (ti) con valor de C.I. e de C.D.

Mesóclise pronominal (intercalación dun
pronome átono nunha forma verbal perifrástica).

Tempos compostos con aver.

Forma arcaica na 1ª persoa de indicativo
de certos verbos.

Participio en -udo para certos verbos da 2ª conxugación.

Integración de verbos da 3ª conxugación latina na 2ª conxugación.

Sintaxe

Emprego do artigo partitivo.

Uso do posesivo sen artigo.

Próclise pronominal (colocación do pronome
átono antes do verbo).

Concordancia nos tempos compostos entre o
participio e o C.D.

Emprego de dúas negacións.

Léxico

Galicismos.

Provenzalismos.

Voces desaparecidas.

Época
postrobadoresca

Grafía

Vacilación b/v.

Vacilación nas sibilantes xordas e sonoras.

Preferencia de -nn- e -ll- frente a -nh- e -lh-.

Preferencia de -oi- no canto de -ui-.

Morfosintaxe

Aparición do pronome persoal átono che (chi) alternando con te (ti).

Emprego de formas verbais da 2ª persoa do singular do pretérito perfecto de indicativo rematadas en -sche ou
-ches, alternando con -ste.

Alternancia de formas rematadas en -o coas rematadas en
-e na 3ª persoa do singular dos pretéritos perfectos de indicativo irregulares.