Tendencias en e-learning

aberto, gratuíto e sen titor

propostas formativas abertas, gratuítas e cuxa única
finalidade é a aprendizaxe, polo que na maioría non
hai unha certificación ou recoñecemento formal,
senón que se obtén de forma complementaria.

MOOC
Massive open online
courses

NOOC
Nano open online
courses

SPOOC
Self-paced open online
courses

M-learning

Experiencias educativas ideadas e producidas para o uso prioritario en dispositivos móbiles.
Todos os LMS deberán ser responsive e proporcionar unha experiencia tan fluída como nun dispositivo de sobremesa´.

Blockchain en educación

É unha base de datos distribuída que non é rexida por ningunha entidade e funciona como un libro contable mundial onde se rexistran transaccións dixitais. Isto garante
a autenticidade da información rexistrada, facilitando a creación de relacións de confianza entre os usuarios

Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade inmersiva

Realidade
aumentada (RA)

Realidade virtual
(RV)

Realidade
inmersiva (RI)

Aprendizaxe adaptativa

A aprendizaxe adaptativa é un estilo de educación onde os recursos, as actividades, os proxectos e as tarefas se adaptan ás necesidades individuais de cada alumno.

Microlearning

Trátase de xerar aprendizaxe a través de pequenas pezas secuenciadas, as cales logo poden formar un coñecemento máis amplo e interconectado tendo como base a interacción con microcontidos en diferentes formatos e, en moitas ocasións, con actividades á súa vez interactivas.

• Vídeos de curta duración ou videotitoriais.

Infografías, mapas mentais ou conceptuais.

Imaxes, ilustracións ou gráficos.

Textos breves, audios, uso de hastags en accións colaborativas, animacións.

Formación en liña e en directo

Ven sexa en formato webinar para grandes
audiencias ou como clase virtual para poucos.

Chatbots en educación

Son sistemas automáticos de preguntas e respostas deseñados para responder preguntas formuladas en linguaxe natural. Poden ser de dominio aberto (preguntas de calquera cousa) ou de dominio pechado (en canto se relacionan con algunha fonte predefinida. Os máis coñecidos son os asistentes de teléfonos ou dispositivos intelixentes, como Alexia ou Siri.

Big data e learning analytics

O big data e o e-learning relaciónanse cos datos que xeran os usuarios de cursos de e-learning.
A información que se obtén é moi valiosa e os profesionais do sector poden comprender mellor os usuarios, mellorar as experiencias educativas e personalizar a formación.