OS ANIMAIS- METAZOOS

INVERTEBRADOS

PORÍFEROS (Esponxas)

CARACTERÍSTICAS

NON Teñen Simetría

ESQUELETO interno de Espículas calcarias ou fibras de esponxina.

Reprodución sexual con fecundación interna ou Asexual

Xemación

Fragmentación

Alimentación

EXPLICACIÓN

As esponxas crean unhas correntes de auga; a auga entra polos poros da esponxa, dentro da esponxa encóntranse unhas células denominadas Coanocitos que co seu flaxelo collen a materia orgánica que transporta a auga, este proceso denomínase FILTRACIÓN. Despois a auga sae polo Ósculo.

CNIDARIOS

CARACTERÍSTICAS EN COMÚN

Simetría Radial Tetrámera

Cavidade Grastrovascular con Boca=Ano

Tentáculos con Células Urticantes (Cnidoblastos, Cnidocitos)

Partes dun Cnidario

Boca, Tentáculo, Ectoderme, Mesogleia, Gastroderme, Cavidade Gastrovascular.

Esqueleto

A maioría teñen un Hidroesqueleto formado por cavidade pechadas cheas de líquido. Os corais teñen un Exoesqueleto mineralizado.

Sistema Nervioso

Teñen unha rede de neuronas interconectadas repartidas polo corpo.

Reprodución Alternante

Explicación

As Medusas reprodúcense sexualmente formando Pólipos e os pólipos reprodúcense asexualmente formando Medusas. Na mesma especie vanse intercalando xeracións de Medusas e Pólipos.

Dixestión Mixta

Explicación

Capturan as presas e unha vez dentro da cavidade gastrovascular fan a dixestión en dúas etapas: Extracelular, na cavidade; e, Intracelular, nas células.

PÓLIPOS

CARACTERÍSTICAS

-Son Sésiles
-Boca=Ano na parte Superior

Anémonas

Corais

Con EXOESQUELETO Cálcico

Hiras de auga doce

Reprodución

Asexual

MEDUSAS

CARACTERÍSTICAS

-Vida libre (Móbil)
-Forma de Parasol

Reprodución

Sexual

VERMES

CARACTERÍSTICAS COMÚNS

-Simetría Bilateral
-Corpo brando e alongado
-Sen patas
-Reptan
-Hidroesqueleto

Tipos de Respiración

Terrestres

Cutánea (a través da pel)

Mariños

Branquial (por branquias)

Reprodución

Por Fragmentación

Platihelmintos
(Corpo aplanado)

Planarias

Acuáticas e de vida libre

Tenia

-Parasito intestinal
-Cabeza (Escólex) con ganchos e ventosas
-Corpo segmentado

Nematodos
(Corpo cilíndrico)

Anisaquis

Triquina

Lombrigas intestinais

Anélidos
(Corpo segmentado en aneis)

Vermes mariños

Con quetas

Anélidos

Miñocas

Sambesugas

-Con 2 ventosas
-Hematófagos

Subtopic

MOLUSCOS

CARACTERÍSTICAS COMÚNS

-Simetría Bilateral.
-Corpo brando.
-Tres partes: Cabeza, Masa visceral, Pé.

Dixestión

Teñen Tubo dixestivo. Realizan a dixestión fora das células, Extracelular.

Respiración

Terrestres

Pulmonar (por pulmóns)

Acuáticos

Branquial (por branquias)

Gasterópodos
(Estómago no pé)
{unha concha ou ningunha}

Terrestres

Caracois

Lesmas

Acuáticos

Lapas

Caracolas

Bigoras

Sisteam Circulatorio

Os cefalópodos son os únicos que teñen un sistema circulatorio pechado, é dicir, a sangue non sae dos vasos sanguíneos.

Organización do corpo

-Cabeza
-Masa Visceral con manto
-Pé

Bivalvos
(Dúas valvas sen cabeza)

EXS: Ameixas, Meixilóns, Ostras, Berberechos, Vieiras...

Organización do corpo

-Masa Visceral
-Pé

Cefalópodos
(Pés na cabeza)

Sen cuncha

Polbos

1 cuncha externa

Nautilo

1 cuncha interna

Chipiróns

Chocos

Luras

Organización do corpo

-Cabeza(máis desenvolta) con Ollos
-Masa visceral
-Pé

EQUINODERMOS

CARACTERÍSTICAS COMÚNS

-Simetría Radial Pentámera(excepto os pepinos de mar)
-Placas calcareas baixo a pel
-Teñen aparato Ambulacral
-Sen cabeza diferenciada

Aparato Ambulacral

Os Pés Ambulacrais serven para...:
-Para desprazarse
-Detectan estímulos
-Contribúen a Respiración
- Para capturar presas

Ourizos

Estrelas

Ofiuras

Crinoides

Pepinos ou Cogombros de mar

ARTRÓPODOS

CARACTERÍSTICAS COMÚNS

-Simetría Bilateral
-Apéndices articulados

Esqueleto

Exoesqueleto de Quitina. Mudan o Exoesqueleto

Vantaxes

O Exoesqueleto ofrece protección e evita a desecación; fai posible que os Artrópodos poidan desenvolverse en ambientes acuáticos coma terrestres.

Aparello Circulatorio

Aparllo circulatorio Aberto; a sangue está por fora dos vasos sanguíneos.

Sistema Ganglionar

Subtopic

Respiración

Respiración Traqueal. Respiran mediante unha gran cantidade de pequenos tubos ocos e abertos que dan ao exterior, chamados traqueas. (excepto os Crustáceos)

Arácnidos

CARACTERÍSTICAS

División do Corpo

Cefalotórax + Abdome

Apéndices na Cabeza

1par de Pedipalpos + 1par de Quelíceros

Funcións

Quelíceros: Serven para cazar e comer.
Pedipalpos: Nas Arañas ten función sensorial: e nos Escorpións teñen forma de pinzas.

Núm. Patas/Ás

4pares de Patas no Cefalotórax

Hábitat

Cálido e Seco

EXEMPLOS

-Arañas
-Carrachas
-Escorpións
-Opilións

Miriápodos

CARACTERÍSTICAS

División do Corpo

Cabeza + Tronco segmentado

Apéndices na Cabeza

1par de antenas + Apéndices no último segmento

Núm. Patas/Ás

2pares por segmento (milpés)
1par po segmento (cempés)

Hábitat

Húmido

EXEMPLOS

-Milpés
-Cempés
-EScolopendras

Crustáceos

CARACTERÍSTICAS

División do Corpo

Cefalotórax + Abdome

Apéndices na Cabeza

2pares de Antenas + Apéndices mastigadores

Núm. Patas/Ás

5pares de Patas

Hábitat

Acuático e Mariños (unha pequena minoría terrestres)

Respiración

Branquial (mediante branquias)

EXEMPLOS

-Nécoras
-Caranguexos
-Langostinos
-Bicho bola

Insectos

CARACTERÍSTICAS

División do Corpo

Cabeza + Tórax + Abdome

Apéndices na Cabeza

1par de Antenas

Núm. Patas/Ás

3pares de patas no Tórax
0/1 ou 2pares de Ás

Hábitat

Todos excepto, en mar aberto e xeo (Anártida)

EXEMPLOS

-Bolboretas
-Escarabellos
-Saltóns
-Forcadelas

Funcións

Metamorfose

Explicación

O Animal adulto pon un ovo; o ovo convertese en larva; a larva faise crisálida; a crisálide transformase nun animal de novo; e así sucesivamente.

VERTEBRADOS

Peixes

Adaptacións dos peixes ao medio acuático

Respiración branquial: as branquias son prolongacións moi finas da parede do corpo de moitos capilares sanguíneos: captan o osíxeno disolto na auga e eliminan o dióxido de carbono.
Forma fusiforme (máis esreita nos extremos) hidrodinámica (facilita o nado).
Extremidades en forma de aletas para o nado.
Liña lateral: órgano sensorial que detecta as vibracións e movementos da auga para orientarse e localizar as presas.

Regulación de Temperatura: Poiquitermos (sangue fría)
A temperatura do seu corpo depende da temperatura exterior.

Pel:
Óseos: Escamas.
Cartilaxinosos: Dentículos.

Respiración: Branquial

Fecundación: A maioría externa

Desenvolvemento embrionario: Ovíparos.
Poñen ovos fóra do corpo da nai- teñen que desenvolverse na auga

Anfibios

Regulación da Temperatura: Poiquitermos (sangue fría)
A temperatura do seu corpo depende da temperatura exterior.

Pel: Núa

Respiración:
Cutánea, Branquial (cágados) e Pulmonar (anfibio adulto)

Fecundación: A maioría externa

Desenvolvemento embrionario: Ovíparos.
Poñen ovos fóra do corpo da nai teñen que desenvolverse na auga

Réptiles

Adaptacións dos Réptiles so medio terrestre

Os réptiles foron os primeiros en conquistar o medio terrestre, para elo contan con:

Pulmóns divididos por tabiques que fan que a superficie de intercambio de gases sexa maior e máis eficiente.
Pel cuberta de escamas que os protexen da desecación.
Ovos con casca e amnios que protexen e alimentan ao embrión (poden desenvolverse fóra da auga)

Regulación de Temperatura: Poiquitermos (sangue fría)
A temperatura do seu corpo depende da temperatura exterior.

Pel: Escamas

Respiración: Pulmonar (pulmóns con tabiques)

Fecundación: Interna

Desenvolvemento embrionario: Ovíparos.
Poñen ovos fóra do corpo da nai independentes da auga.

Aves

Adaptacións das Aves ao voo

• Corpo cuberto de plumas.
• Extremidades anteriores modificadas en ás.
Quilla (esterno desenvolvido) para insertar os músculos do voo.
Ósos lixeiros.
Sacos aéreos ocos distribuídos polo corpo.
• Corpo fusiforme.

Regulación da Temperatura: Homeotermos (sangue quente): manteñen a súa temperatura corporal Constante independentemente da temperatura exterior.

Pel: Plumas

Respiración: Pulmonar (pulmóns con parabronquios, tubos paralelos)

Fecundación: Interna

Desenvolvemento embrionario: Ovíparos.
Poñen ovos fóra do corpo da nai independentes da auga.

Mamíferos

Clasificación dos Mamíferos segundo o desenvolvemento embrionario

Todos os mamíferos alimentan ás súas crías con leite materna que maman. Diferéncianse os seguintes grupos:

Placentarios: os embrións desenvólvense no interior do útero da nai e aliméntanse a través da placenta, que conecta o sistema circulatorio da nai co do feto mediante o cordón umbilical.
Marsupiais: os embrións nacen moi pouco desenvolvidos e introdúcense no marsupio, que é unha bolsa externa onde se aloxan os pezóns da nai. Exemplos: canguro, koala, zaragateira.
Monotremas: poñen ovos, pero ao nacer as crías maman. Exemplos: ornitorrinco e equidna.

Características dos humanos na Evolución

• A aparición do polgar apoñible, que nos permite manipular obxectos de diferente tamaño con precisión.
• O bipedismo, é dicir, a capacidade de desprazarnos de forma erguida sobre as extremidades traseiras, o cal nos deixan as mans libres.
• O desenvolvemento do cerebro, aumento de intelixencia e adquisición de linguaxe articulada.

Regulación da Temperutura: Homeotermos (sangue quente): manteñen a súa temperatura corporal Constante independentemente da temperatura exterior.

Pel: Pelos

Respiración: Pulmonar. Pulmóns con alvéolos (saquiños nos que rematan os bronquíolos)

Fecundación: Interna

Desenvolvemento embrionario: Vivíparos.
Excepto Monotremas que poñen ovos.

CARACTERÍSTICAS COMÚNS

Corpo

-Teñen un esqueleto con columna vertebral e extremidades articuladas.
-O seu corpo divídese en cabeza, tronco e rabo.
-Teñen simetría Bilateral externa.

Dixestión

Explicación

-Realizan a dixestión extracelular nun aparato dixestivo que consta de tubo dixestivo (boca-farinxe-esófago-intestino degado-intestino groso-recto-ano) e glándulas enexas (salivares, fígado e páncreas). Esto quere decir que os alimentos son dixeridos (extráense os nutrientes) dentro do tubo dixestivo pero sin entrar nas células. As glándulas anexas segregan substancias ao tubo dixestivo para axudar a realizar a dixestión dos alimentos.

Aparato circulatorio

Explicación

Teñen un aparato circulatorio pechado. Constituído por polo corazón e os vasos sanguíneos (arterias, capilares e veas), polos que circula o sangue, que nunca sae do circuito.

Respiración

Explicación

Teñen respiración pulmonar, excepto os peixes, nos que é branquial.

Aparato urinario

Explicación

Realizan a excreción mediante o aparato urinario (con riles, uréteres, vexiga e uretra), que filtra o sangue, eliminando os prodctos de refugallo que se forman en tódalas células do corpo.

Sistema Nervioso

Explicación

O sistema nervioso organízase nun sistema nervioso central (encéfalo e médula espiñal) e un sistema nervioso periférico (nervios).

Reprodución

Explicación

Todos teñen reprodución sexual.