类别 全部 - educación - wiki - podcast - redes

作者:Manolo Ares 6 年以前

320

Traballo colaborativo con DDMM

Las wikis permiten la creación y modificación colaborativa de contenido web desde cualquier navegador, facilitando el acceso y la participación de múltiples usuarios. Las redes sociales son plataformas que permiten compartir contenido, interactuar y formar comunidades en torno a intereses comunes.

Traballo colaborativo con DDMM

Traballo colaborativo con DDMM grupo 1B

Novas estratexias de aprendizaxe na web

U-learning

É un tipo de aprendizaxe baseada no principio da ubicuidade, segundo o cal os estudantes e os docentes poden usar as novas tecnoloxías para crear un contexto educativo en calquera momento e lugar. 

Micro-learning

O micro-learning ou microaprendizaxe é unha metodoloxía que consiste en dividir os contidos en pequenos módulos relacionados entre si e concebidos para seren superados en menos de 30 minutos. 

Game-based learning

É unha técnica de aprendizaxe baseada no xogo para lograr unha maior motivación, concentración e consecución dos resultados que se pretenden acadar. Aquí teríamos exemplos como o uso de Kahoot, Quizlet, Quizziz, Genially, a realidade virtual, a realidade aumentada, etc. 

E-learning

O e-learning é unha voz inglesa que significa aprendizaxe electrónica. É un proceso de ensinanza-aprendizaxe que se leva a cabo en Internet e que mistura a comunicación tanto sincrónica como asíncrona. Neste tipo de aprendizaxe o alumno convértese no centro por ter que autoxestionar a súa aprendizaxe, o profesor pasa a ser un titor cunha función orientativa e as barreiras espacio-temporais flexibilizanse. Tamén hai unha actualización continua dos contidos e unha comunicación constante entre todos os participantes no proceso de ensino-aprendizaxe a través de foros, chats, correo electrónico, etc. 

Blended learning

O blended learning é un tipo de aprendizaxe que mistura o e-learning (aprendizaxe en liña) coa aprendizaxe presencial. Polo tanto combina a ausencia de horarios predeterminados propios do e-learning co modelo tradicional sincrónico da aprendizaxe presencial 

Novos modos de aprendizaxe con Internet

Aprendizaxe ubicua

A aprendizaxe ubicua defínese como a que se produce en calquera lugar e momento; a tecnoloxía ubicua (informática cercana á persoa, por exemplo, un móbil ou tableta) potencia o aprendizaxe considerablemente

Aprendizaxe colaborativa

Estratexia de ensino-aprendizaxe na que o alumnado traballa conxuntamente en pequenos grupos para maximizar o seu propio aprendizaxe e o dos demais, mantendo unha responsabilidade tanto grupal como individual no proceso. Neste método o docente adquire o rol de guía, limitándose a orientar o traballo dos/as estudantes.

Aprendizaxe cooperativa

Trátase dunha metodoloxía que consiste na realización de actividades na aula, na que o alumnado se xunta en grupos asignados polo docente, quen determina e normalmente reparte o traballo da tarefa entre os integrantes do grupo. O produto final para a consecución dos obxectivos é a suma do desevolvemento individual. Deste xeito acádase unha interdependencia positiva, porque a todos os membros do grupo lles interesa e importa que os seus compañeiros e compañeiras aprendan os contidos propostos polo docente.

A diferenza da aprendizaxe individualista, de natureza competitiva, o alumnado que estuda cooperativamente aprovéitase dos recursos e habilidades que ten cada membro, malia que o coñecemento segue a atender á memorización e non favorece o debate e pensamento crítico, como ocorre na aprendizaxe colaborativa. Cada alumno pode aprender ao seu propio ritmo e sen supervisión.

Aprendizaxe síncrona

A formación online lévase a cabo en tempo real e a interacción profesor-alumno coincide no tempo e no espazo. Exemplo disto poden ser os webinars ou titorías por videoconferencia onde a comunicación se realiza ao instante (do mesmo xeito que a presencial).

Aprendizaxe asíncrona

É o proceso de aprendizaxe no que a presenza do alumno e do profesor prodúcese de maneira diferida, o que se quere dicir con isto é que non se atopan ó mesmo tempo no mesmo espacio. Grazas ás tecnoloxías, as aportacións de ambos quedan rexistradas na plataforma educativa

A web social

Wiki

Unha wiki é unha páxina web que lles permite ós usuarios crear contido propio ou modificar o dos demais usuarios de forma colaborativa e sinxela dende calquera navegador. 

Whatsapp

Whatsapp é unha aplicación que permite compartir mensaxes de texto ou audio ás que se poden adxuntar imaxes ou videos e compartilos con outros usuarios mediante dispositivos móbiles. 

Podcast

Un podcast é un arquivo de audio que xeralmente segue o formato dun programa de radio e que está colgado en Internet como medio exclusivo de distribución 

Pinterest

É unha plataforma e unha app que lles permite ós usuarios crear e administrar, en taboleiros persoais temáticos, coleccións de imaxes. Os usarios poden buscar buscar outros pinboards, repinear imaxes ou darlles un “me gusta”

Instagram

Instagram é unha rede social e unha aplicación mediante a cal se poden subir fotos e vídeos á rede. En educación poderíase usar para darlle unha maior visibilidade ós productos realizados polo alumnado 

Chat

Un chat é unha charla en liña mediante a cal dous o máis usuarios usan un software que lles permite comunicarse entre si por escrito ou mediante videos

Rede social

Unha rede social é un sitio web ou unha aplicación que lles permite ós seus usuarios compartir contidos, interactuar e crear comunidades baseadas en intereses similares. 

Almacenamento e apps na nube

Repositorio

Un repositorio é un espazo centralizado no que se almacenan, organizan e difunden datos informáticos de diversa índole. O Repositorio Abalar sería un exemplo 

Portfolio dixital

Un portfolio dixital é unha recopilación de traballos ou documentos que foron previamente seleccionados e organizados e que se presentan en formato dixital 

G suite para centros educativos

É un servicio que ofrece Google de maneira gratuíta aos centros educativos de maneira que, a través de internet, se poden utilizar ferramentas de productividade como aplicacións de ofimática, espacio de almacenamento ilimitado, File Stream (en vez de Google Drive) e Google Classroom, entre outras. Para utilizar G Suite é necesario que o responsable do centro educativo rexistre un dominio de G Suite e a continuación os profesores poden crear unha conta para ese dominio.

Dropbox

Ferramenta para compartir arquivos. É o servizo de almacenamento en liña más utilizado para gardar todo tipo de arquivos. Ofrece a posibilidade de crear carpetas compartidas con outros usuarios e de conectarse desde distintos dispositivos mediante apps.

Google Drive

É un servizo de almacenamento de arquivos na nube que, dende un punto de vista educativo, permite compartir e traballar a varios usuarios sobre un mesmo documento, imaxe... É, polo tanto, unha ferramente esencial nos traballos colaborativos.

Google Docs

É un procesador de texto online e gratuito. Obtense coa creación dunha conta en Gmail. Permite crear e editar documentos nos que se pode traballar de xeito simultáneo con outros usuarios.

Google classroom

É unha plataforma educativa de blended-learning que proporciona de maneira gratuíta a empresa Google, tanto para ordenadores como para dispositivos móbiles. Entre outras cousas permite crear aulas virtuais, compartir documentos, xerar tarefas, calificar os traballos entregados ou interactuar no tablón de anuncios. Nos seus comezos estaba dispoñible só para centros educativos e asociacións sen ánimo de lucro, pero na actualidade pode utilizala calquera persoa cunha conta de Google persoal, aínda que neste último caso con certas limitacións.

Almacenamento na nube

Do inglés cloud storage. Servizo que premite gardar todo tipo de datos, documentos ou arquivos en servidores online que son administrados por un proveedor do servizo. É un servizo fundamental para o desenvolvemento da aprendizaxe móbil e colaborativa.

Educación sobre plataformas dixitais

Video-clases

As video-clases son clases xeralmente curtas gravadas nun estudio e pensadas para ser consumidas en pantallas pequenas durante periodos de tempo breves. Poden estar dispoñibles só online, co cal ó acceso a elas é máis limitado, ou offline. 

Educación a distancia

A educación a distancia é unha modalidade de ensinanza na que os estudantes non acuden ó a un lugar físico de estudos ou o fan de forma esporádica. Promove a aprendizaxe por medio das TICs sen ter limitacións de ubicación, idade, horarios laborais, etc. 

Aula virtual

Unha aula virtual é unha nova modalidade educativa que pode complementar ou funcionar de xeito independente con respecto ás formas tradicionais de educación. As aulas virtuais xorden a partires da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ó proceso de ensino-aprendizaxe

Abalar móbil

É unha aplicación que a Xunta de Galicia ofrece ós centros de balde mediante a cal se pode estar en contacto coas familias, enviar mensaxes, e pedirlles axuda e colaboración nos traballos e proxectos que se desenvolven no centro. 

Plataforma virtual educativa

Unha plataforma educativa virtual é un sitio web que engloba distintas ferramentas con fins docentes. Serve para facilitar a creación de espacios virtuais que permitan impartir formación en liña