Kategóriák: Minden - organismos

a Mariñan N 8 éve

448

Dereito do Traballo

El texto aborda la regulación jurídica del trabajo por cuenta ajena, describiendo los organismos encargados de aplicar estas normas y las instancias judiciales responsables de resolver conflictos laborales.

Dereito do Traballo

Dereito do Traballo

DEREITO DO TRABALLO

Conxunto de normas xurídicas que regulan as relacións de traballo por conta allea.


Suxeitos da relación laboral

Empresarios
Obrigas

Obrigas do empresario:

- A ocupacion efectiva.
- Non discriminar para emprego, ou unha vez empregado a ningún traballador en razón de sexo, estado civil, idade, relixión, raza, conviccións política, afiliación ou non a un sindicato, língua ou condición social .
- Protexer a integridade física dos traballadores.
- Respectar a intimidade dos traballadores.
- Pagar puntualmente o salario.


Poder disciplianario

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección das empresas en virtude de incumprimentos laborais.

Requisitos:

As faltas teñen que estar tipificadas, é dicir definidas, nos convenios colectivos que tamén deben recoller a gradación de faltas (leve, grave e moi grave), así como as posibles sancións que se poden impoñer.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a xurisdicción competente. A sanción das faltas graves e moi graves requerirá comunicación escrita ao traballador, facendo constar a data e os feitos que a motivan.

Non se poderán impoñer sancións que consistan na reducción da duración das vacacións ou outra minoración dos dereitos ao descanso do trabllador ou multa de haber.

Prescripción de faltas:

As faltas leves prescribirán aos dez días; as graves, aos vinte días, e as moi graves, aos sesenta días a partir da dataa na que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, aos seis meses de terse cometido.

Dirección e control

Poder de dirección: Fai referencia á capacidade do empresario para ditar ordes sobre que e como debe realizarse o traballo.

O empresario poderá adoptar as medidas que estime máis oportunas de vixilancia e control para verificar o cumprimento polo traballador das súas obrigas e deberes laborais, gardando na súa adopción e aplicación a consideración debida á súa dignidade humana e tendo en conta a capacidade real dos traballadores discapciatados, no seu caso.
O empresario poderá verificar o estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por iste para xustificar as súas faltas de asistencia ao traballo, mediante recoñecmento a cargo de persoal médico. A negativa do traballador a ditos recoñecementos poderá determinar a suspensión dos dereitos económicos que puideran existir a cargo do empresario por ditas situacións.

Algunhas situacións nas que se pode facer efectivo o control/vixilancia:

- Rexistros ao traballador e as súas pertenzas: Só naqueles casos nos se sospeite dun roubo e sempre co máximo respecto á súa dignidade e en presenza dun representante dos traballadores ou doutro traballador.

- Vixilancia a través de cámaras: Sen son, fóra de áreas na que afecte a intimidade dos traballadores e informándoos previamente.

- Vixilancia do uso do ordenador e o e-mail da empresa: Pode facelo sempre que os traballadores estean informados.

Traballadores
Deberes

Deberes dos traballadores

Os traballadores teñen como deberes básicos:

- Cumprir coas obrigas concretas do seu posto de traballo, de conformidade ás reglas da boa fe e dilixencia. A boa fe significa ter un comportamento leal e ético .

- Observar as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.

- A cumprir las ordes e instruccións do empresario no exercicio regular das súas funcións directivas.
O traballador/a só poderá desobedecer as ordes de traballo excepcionalmente cando: se trate de algo ilegal, non garde relación co traballo, supoña un risco para o traballador ou atente contra a súa dignidade. Nos demais casos hai que cumprir as ordes, aínda que logo se poida reclamar ante o xulgado.

- Non concorrer coa actividade da empresa.
Non se pode traballar noutra empresa que se dedique á misma actividad.

- Contribuír á mellora da productividade.


Dereitos

Dereitos colectivos

- O dereito á libre sindicación.

- O dereito á folga dos trabajadores en defensa dos seus intereses.

- Dereito á negociación colectiva.

- Á adopción de medidas de conflito colectivo en defensa dos intereses (colectivos) dos trabajadores e empresarios.

- Dereito de reunión.

- O dereito de información, consulta e participación na empresa.

Dereitos individuais

- O dereito ao traballo e á libre elección de profesión ou oficio.

- Dereito á ocupación efectiva.


- Á promoción e formación profesional no traballo:

Ao goce dos permisos necesarios para concorrer a exames, así como a unha preferencia a elixir quenda de traballo, cando curse con regularidade estudos para a obtención dun título académico ou profesional.

Á adaptación da xornada ordinaria de traballo para a asistencia a cursos de formación profesional ou á concesión do permiso oportuno de formación ou perfeccionamento profesional con reserva do posto de traballo, conforme ao pactado en convenio colectivo.

Os convenios colectivos tamén determinarán o sistema de ascensos.

- A non ser discriminados directa ou indirectamente para o emprego, ou unha vez empregados, por razóns de sexo, estado civil, idade dentro dos límites marcados por esta lei, orixe racial ou étnico, condición social, relixión ou conviccións, ideas políticas, orientación sexual, afiliación ou non a un sindicato, así como por razón de lingua, dentro do Estado español. Tampouco poderán ser discriminados por razón de discapacidade, sempre que se achasen en condicións de aptitude para desempeñar o traballo ou emprego de que se trate.

- Á súa integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene.

- Ao respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte ao acoso por razón de orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, e fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.

- Á percepción puntual da remuneración pactada ou legalmente establecida. É o dereito al salario, que deberá aboarse na data e lugar convidos.

- Dereito do trabajador ao exercicio individual das accións derivadas do seu contrato de traballo, ísto é, dereito a acudir aos tribunais en defensa dos seus dereitos e intereses.

Fontes e xerarquía

Fontes do Dereito
As normas xurídicas que ordenan o traballo poden ter distinta orixe ou fontes.

Xerarquía normativa
Fai referencia á distinta importancia que teñen as distintas normas.

Principios do Dereito

Principios de Aplicación do derecho:

• Xerarquia Normativa: Entre as normas laborais existe unha relación de subordinación ou xerarquía, de maneira que as de rango inferior non poden contradicir o establecido nas de rango superior. As normas de rango superior prevalencen sobre as de rango inferior.

• Orden normativo: as normas posteriores derrogan ás anteriores de igual rango ou inferior.

• Norma mínima: As normas inferiores deben respectar as condicións minimas establecidas nas normas superiores, pero poden melloralas.

• Irrenunciabilidade de dereitos: O traballador non poderá renunciar aos dereitos que ten recoñecidos por lei ou que estean fixados en convenio colectivo aplicable.

• In dubio pro operario (En caso de dúbida a favor do traballador): Cando unha norma poida interpretarse de diferentes formas, elixirase a interpretación que máis beneficie ao traballador.

• Norma máis favorable: Cando existan dúas ou máis normas aplicables a un caso concreto, aplicarase aquela que no seu conunto e en cómputo anual resulte máis favorable ao traballador, aínda que se trate da norma de rango inferior.

• Condición máis beneficiosa. Mantéñense as condicións pactadas en contrato de traballo, aínda que con posterioridade se aprobe unha norma xeral menos beneficiosa.

Costume

Normas non escritas.
Teñen que ter carácter local e profesional e fan referencia a conductas repetidas ao longo do tempo.
Aplícanse cando non hai ningunha norma escrita.


Fontes profesionais

Convenios Colectivos: Son acordos ou pactos entre os representantes dos traballadores e empresarios mediante a “negociación colectiva”, para regular as condicións de traballo nunha empresa.
Os convenios colectivos poden mellorar o establecido nas normas de rango superior.

Contrato de Traballo: O acordo subscrito entre o traballador e o empresario, ten que respectar o establecido nos convenios e normas superiores, pero tamén pode melloralas.

Contrato
Convenios
Poderes Públicos

PODERES PÚBLICOS
Unión Europea. Como membros da Unión Europea estamos comprometidos a asumir a normativa procedente do seu Parlamento ou do Consello que poden ser Directivas ou Regulamentos

Poder Lexislativo - As Cortes Xerais (Congreso e Senado)
* Redactar, aprobar, modificar e derrogar leis: Constitución, Lei Orgánica, Lei Ordinaria

Poder Executivo. Formado polo Presidente de Goberno e os seus ministros.
* A súa función é aplicar as leis pero tamén ten certa capacidade de lexislar normas que teñen rango de Lei:
** Real Decreto Lexislativo
** Real Decreto-Ley
. Elabórase por delegación do P. Lexislativo, poden elaborar normas con rango de lei.
* Tamén teñen capacidade para elaborar normas de rango inferior cuxa finalidade é concretar o establecido nas leis e que reciben o nome de Regulamentos, pode ser : Real Decreto (Apróbao o Goberno) e Orde Ministerial .

Poder Xudicial
* Xulgados e Tribunais.
* Interpreta, fai respectar ou invalida as leis .

Poder Xudicial

Poder Xudicial
* Xulgados e Tribunais.
* Interpreta, fai respectar ou invalida as leis .

Poder Executivo

O poder executivo ten o poder para ditar normas con rango de Lei en determinadas circunstancias.

• Decretos Lexislativos: Son aprobados polo poder Executivo (o Goberno) en virtude dunha autorización concedida polo Congreso. Exemplo: o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por RD lexislativo 1/1995 de 24 de marzo.
• Decreto-Lei: Aprobado polo Goberno en situación de extraordinaria e urxente necesidade, pero require convalidación do Congreso aos 30 días da súa aprobación.

De maneira habitual as normas ditadas polo executivo son os denominados Regulamentos: Son normas con rango inferior á lei. Se os dicta o Consello de Ministros son “Reais Decretos” e se os dita un Ministerio “Ordes Ministeriais”.

Ordes Ministeriais

Real Decreto

Real Decreto Lei

Real Decreto Lexislativo

O Estatuto dos Traballadores, a norma básica do Dereito do Traballo, ten forma de Real Decreto Lexislativo .

Poder Lexislativo

A Constitución

• Leis Orgánicas: Regulan dereitos fundamentais e liberdades públicas recollidos na Constitución. Para a súa aprobación é necesaria maioría absoluta do Congreso. Exemplo: Lei Orgánica de Liberdade Sindical.

• Leis Ordinarias: Regulan o resto de materias non reservadas á lei orgánica. Para á súa aprobación é necesaria maioría simple. Exemplo: Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Lei Ordinaria

Leis Ordinarias: Regulan o resto de materias non reservadas á lei orgánica. Para á súa aprobación é necesaria maioría simple. Exemplo: Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Lei Orgánica

• Leis Orgánicas: Regulan dereitos fundamentais e liberdades públicas recollidos na Constitución. Para a súa aprobación é necesaria maioría absoluta do Congreso. Exemplo: Lei Orgánica de Liberdade Sindical.

Convenios Internacionais

Convenios e Tratados internacionais que deben ser ratificados polo poder lexislativo e posteriormente publicados no Boletín Oficial do Estado (BOE) para que poidan ser aplicados.

Entre os organismos internacionais vinculados ao mundo do traballo destaca a Organización Internacional do Trabajo (OIT). Foi o primeiro organismo que estableceu a necesidade de poñer límites á sobreexplotación que vivían os traballadores e segue centrado nesta loita, polo que na actualidade non ten moita repercusión para nós.

OIT

Constitución

A Constitución (1978),

É a nosa norma principal e supón un punto de ruptura en canto á lexislación laboral se refire. Os traballadores pasan a ter recoñecidos como dereitos fundamentais o Dereito de Folga, Dereito á Libre Sindicación, ambos foran prohibidos e represaliados durante la ditadura e tímidamente consentidos durante a transición á democracia. A Constitución tamén recoñece como fundamental Dereito a non discriminación.

Tamén se recoñecen outra serie de dereitos: á negociación colectiva, á declaración de conflitos colectivos,a participar na empresa, á libre elección de oficio ou profesión ou a obriga do Estado de realizar unha política orientada ao pleno emprego.

Unión Europea

Liberdades dentro da Unión Europea

• Liberdade de circulación de traballadores por conta allea
• Liberdade de circulación de traballadores por conta propia
• Libertad de establecemento de empresa.

A finalidade do Dereito social europeo é armonizar as políticas e dereitos sociais dos países comunitarios para favorecer a libre circulación dos seus traballadores.

Normas provintes da Unión Europea

Reglamentos:

• De obrigado cumprimento e aplicación directa (non necesitan ser publicados no BOE)

Directivas

• Obrigan en canto aos seus obxectivos, pero deixan liberdade aos estados para determinar o modo de alcanzalos.
• Requiren dunha norma interna que os desenvolva.
• Establecen un prazo para a súa aplicacion.

Directivas

• Obrigan en canto aos seus obxectivos, pero deixan liberdade aos estados para determinar o modo de alcanzalos.
• Requiren dunha norma interna que os desenvolva.
• Establecen un prazo para a súa aplicacion.


Regulamentos

Regulamentos:

• De obrigado cumprimento e aplicación directa (non necesitan ser publicados no BOE)

Entran en vigor unha vez publicados no Diario Oficial da UE.

Traballo por conta allea

Características do traballo por conta allea
• Persoal
• Voluntario
• Retribuído
• Dependente
• Alleabilidade


Non todas as relacións de traballo son por conta allea, existen outros tipos:

Relacións excluídas

• Relacións excluídas: Non se lles aplica o dereito do traballo: Funcionarios, traballos amistosos, traballos por conta propia e traballos familiares entre outros.

Relacións especiais


• Relacións laborais especiais:

Teñen as características do traballo por conta allea pero as súas características requiren dunha normativa propia, aínda que para todo o non regulado nela aplícaselles o Estatuto dos Traballadores.

Deportistas profesionais, persoal ao servizo do fogar familiar, representantes de comercio (sempre que teñan un salario fixo), penados en cárceres, artistas en espectáculos públicos, discapacitados en Centros Especiais de Emprego, e outros.

Sen dereitos

Organismos

Xurisdición do Social

O poder xudicial é o poder do Estado encargado de administrar a xustiza na sociedad, mediante a aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos.

Xulgados do Social


O Xulgado do Social está composto por un só xuíz, e atende ás demandas presentadas por traballadores individuais ou aquelas que non superen o ámbito dunha provincia.

Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


Sala do Social Do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Resolve os recursos de suplicación contra as sentenzas ditadas polos xulgados do social.

Resolve sobre procesos colectivos e sindicais que superen o ámbito provincial, pero sen superar o ámbito da Comunidad Autónoma.

Sala do Social da Audiencia Nacional


Sala do Social da Audiencia Nacional

Resolve os litixios en material laboral que superen o ámbito dunha comunidade autónoma.

Sala do Social do Tribunal Supremo


Tribunal Supremo
Resolve os recursos de casación para unificación contra as sentencias ditadas polos Tribunales Superiores de Xustiza e a Audiencia Nacional.

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Servizo Público de Emprego de Galicia
Consello Galego de Relacións Laborais
Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral
Ministerio de Emprego e Seguridade Social
Inspección de Traballo e S.S.
Servico Público de Emprego
Imserso
Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo
Instituto Nacional da S.S
Tesourería Xeral da S.S

As orixes