Categorie: Tutti - vertebrados - reproducción - mamíferos - invertebrados

da Araceli Castro mancano 8 anni

491

Os Animais

Los animales pueden clasificarse según su reproducción, estructura y alimentación. En términos de reproducción, existen vivíparos, que nacen del vientre materno, y ovíparos, que nacen de huevos.

Os Animais

Os Animais

Reprodución

Ovíparos

Nacen de ovos.

Vivíparos

Nacen do ventre da súa nai.

Alimentación

Omnívoros

Os animais omnívoros aliméntanse de carne e de plantas.

Carnívoros

Os animais carnívoros aliméntanse de carne

Herbívoros

Os animais hervíboros aliméntanse
de plantas.

Estrutura

Invertebrados

Non teñen esqueleto nin columna vertebral.
Moitos deles teñen cunchas ou coirazas para protexer o seu corpo.

Vertebrados

Teñen esqueleto e columna vertebral.
O seu corpo componse de cabeza, tronco e extremidades.

Anfibios

• Son animais vertebrados.
• Son ovíparos.
• Teñen a pel fina e húmida.
• As crías viven na auga e teñen aletas.
• Cando son adultos, cambian a forma e
sáenlles patas.
• Respiran pola pel e por pulmóns.
• Viven na auga e na terra.

Réptiles

• Son animais vertebrados.
• Son ovíparos.
• Teñen o corpo cuberto de escamas e algúns teñen cuncha.
• Teñen 4 patas ou ningunha.
• Respiran por pulmóns.

Peixes

• Son animais vertebrados.
• Son ovíparos, porque nacen de ovos.
• O seu corpo está cuberto de escamas.
• Teñen aletas.
• Respiran por branquias.

Peixes de río

Peixes de mar

Aves

• Son vertebrados.
• Son ovíparos, porque nacen de ovos.
• A súa pel está cuberta de plumas.
• Respiran por pulmóns.

Mamíferos

• Son vertebrados.
• Son vivíparos, porque nacen do ventre da súa nai.
• Cando son crías, maman para alimentarse.
• Case todos teñen o corpo cuberto de pelo.
• Respiran por pulmóns.

Características

Teñen pulmóns

Son vivíparos

Terrestres

Acuáticos

Aéreos

Teñen pelos