por Maria Gallardo 5 anos atrás
596
Mais informações
Este monumento atópase na entrada principal do Parque de San Lázaro, xusto enfronte do edificio do Goberno Civil (hoxe Subdelegación do Goberno). A estatua foi esculpida en pedra por Francisco Asorey en 1951 e está flanqueada a ambos lados por una escalinata. É un enorme pedestal con chanzos de granito sobre o que se sitúan dúas imaxes:
pola cara externa (que da a rúa) o anxo caído, e detrás de esta, pola cara do interior do parque, un anxo alado con una coroa de loureiro nas mans.
No seu día foi un monumento aos “caídos pola patria”, agora foi adaptado a os novos tempos, quitándolle a simboloxía, co que queda perfectamente integrada no entorno.
Este monumento encóntrase ao lado dereito da entrada principal do edificio da Subdelegación do Goberno.
Está enteramente realizado en bronce e representa a unha castañeira de pé, cun cucurucho de castañas na man. Ao seus pés ten unha pequeña banqueta, unha cesta de mimbre e un barreño onde
suponse que está asando as castañas á lumbre.
En 2001 o escultor Xosé Cid realizou esta peza, recordo dun dos oficios tradicionais que máis se asocia á cidade. Aquí a homenaxe é dobre. Por unha banda, á castaña, alimento imprescindible na dieta
tradicional da Galicia rural e de interior, e á que Ourense lle dedica unha das principais datas do seu ciclo festivo, o Magosto. Pola outra banda, ao traballo das mulleres: castañeiras, leiteiras ou rianxeiras
(vendedoras do mercado).
A figura desta muller pioneira, defensora incansable dos dereitos humanos, garda vinculación con Ourense.
Obra de Aniceto Marinas sobre pedestal de Parada Justel.
A obra inaugúrase en 1898 nos xardíns da Alameda, para despois ser trasladada, ao seu emprazamento actual, fronte aos antigos xulgados, lembrando o seu importante papel nos temas penais. Co traslado desaparece o pedestal orixinal. En 1892, aún en vida da escritora, desde o periódico ourensán "El Derecho" dous periodistas, García Ferreiro e Nomdedeu Pardo, promoven a idea de erixirle unha estatua. A esta propuesta contesta Concepción Arenal enviándolles unha carta na que, entre outras cousas, lles dice:
“... las estatuas deben levantarse al genio, a la santidad o al heroísmo: yo no soy ni un genio, ni una heroína, ni una santa. Usted pensará que es modestia mía o falta de franqueza: yo le aseguro a usted que le hablo con toda sinceridad”.
Escultura de César Lombera que representa o protagonista dunha serie de viñetas que Xosé Lois publica dende o ano 1992 en "La Región" para satirizar a vida actual na cidade. Este personaxe converteuse nun referente de humor na cidade.
Carrabouxo é moi alto e delgado, cunhas enormes mans e pés, una boina calada hasta los ollos e un cigarro na boca; ten unha visión particular e humorística dos sucesos do día.
Probablemente a escultura máis emblemática e a máis fotografiada da cidade. Esculpida por Ramón Conde en 1999.
Sitúase entre a Rúa do Paseo e a Rúa Alejandro Outeiriño Rodríguez.
Homenaxea o oficio de leiteira que realizaban antigamente as mulleres facían repartindo cada mañá o leite producido nas aldeas veciñas. Este oficio desapareceu na década dos 60 coa chegada o leite embotellado. Foi un colectivo revindicado xa que houbo manifestacións en contra dela nos anos 1918 e 1922.
Escultura de bronce inaugurada en 2002 , realizada por Xaime Quessada coa que rende homenaxe á súa infancia. Está situada fronte a libraría "A Viuda", alí o autor intercambiaba tebeos e cromos na súa infancia durante a posguerra.
Escolleu a un moucho (símbolo de sabiduría) sobre o que vai un fauno tocando a frauta. Xa utilizara este tipo de escultura varias veces antes. Dise que o fauno mira cara ó Parque Barbaña onde hai outro fauno que lle devolve a mirada.
Esta curiosa escultura urbana encóntrase frente a entrada principal da subdelegación do goberno. Fai esquina coa Rúa Progreso. Realmente, é un sitio onde debe facerse cola para sacarse unha fotografía, pero a orixinalidade do monumento o require.
A escultura rinde homenaxe a Antonio Coleman y Estanislao Reverter, que aparecen apoiados sobre un vehículo da escudería Renault (aínda que ten motor Porsche) que bautizaron co nome de "Alpinche".
O motivo deste homenaxe é a celebración en Ourense dun rally que xa vai pola su 42º edición, cuxo artífice foi Estanislao Reverter (Antonio Coleman foi o seu sucesor ao frente da Escudería de Ourense). A obra foi realizada polo artista Ramón Conde.
-Situada nos Xardíns do Padre Feijóo.
É a primeira escultura da cidade (1887), dedicada ao Padre Jerónimo Feijóo.
O seu escultor é Juan Soler e Dalmau e está realizada en bronce.
A última escultura que o escultor Luis Borrajo realizou para o concello en 2002 e probablemente unha das poucas obras que o artista elixiu facer de forma figurativa, xa que era un artista abstracto.
É unha escultura relizada en bronce que representa o corpa espido dunha muller coocado sobre un pedestal de granito.
Atópase na Praza da Alameda.
É unha escultura que recibe aos visitantes de Ourense xa que se atopa ao final da Ponte do Milenio. Mide 7 metros de altura e pesa unhas 30 toneladas. Está feita de granito e representa o Río Miño no seu paso pola cidade e a unión das beiras do Río.
O seu nome provén desa unión así como a conexión entre a cidade e o barrio da Ponte.
O seu título homenaxea a morte de Roy, o replicante de Blade Runner.