von Marisol López Vor 7 Jahren
907
Mehr dazu
Metamorfose
A metamorfose pódese definir como un conxunto de enormes transformacións que os anfibios sofren dende o seu nacemento ata que chegan a ser adultos. A metamorfose é diferente en cada tipo de anfibio, pero no caso da ra, este proceso ten lugar da seguinte maneira: 1. O macho debe liberar os seus espermatozoides na auga, o que debe ter lugar ao mesmo tempo que a femia deposita os seus ovos para que ambas células sexuais se poidan unir. 2. Despois dun par de semanas na auga, dos ovos fecundados nacen as larvas, as cales aínda non teñen a boca desenvolvida e respiran mediante branquias. 3. A medida que a súa boca e outras partes do seu corpo se desenvolven, as larvas tranfórmanse en cágados, os cales continúan respirando mediante branquias e aliméntanse de algas microscópicas. 4. Progresivamente, os cágados desenvolven as patas de atrás e pasan de ser herbívoros a converterse en carnívoros. 5. A continuación, comézanlles a saír as patas de adiante e, ao mesmo tempo, a cola comézaselles a facer máis pequena ata desaparecer, sendo nesta fase cando o animal comeza a desenvolver pulmóns, polo que as branquias desaparecen progresivamente. 6. Finalmente, a cola desaparece totalmente e a formación dos pulmóns complétase, polo que a transformación do cágado en ra finaliza.