カテゴリー 全て - branquias - anfibios - ovíparos

によって Marisol López 6年前.

885

Os animais vertebrados

Los anfibios, una clase de animales vertebrados, poseen una piel fina y lisa y son conocidos por sufrir una transformación significativa durante su desarrollo llamada metamorfose. Este proceso implica que las larvas respiran mediante branquias y los adultos a través de pulmones.

Os animais vertebrados

Animais vertebrados

Os anfibios

Alimentación
1.As larvas son herbívoras. 2.Canso son adultos, os anfibios son carnívoros.
1.Teñen a pel fina e lisa. 2. Sofren unha transformación durante o seu desenvolvemento, a cal se denomina METAFORFOSE (as larvas respirar mediante branquias, e os adultos a través de pulmóns). 3. Son poiquilotermos (non manteñen a súa temperatura corporal estable, pois esta depende do medio no que se atopan). 4.A súa reprodución é sexual e teñen fecundación externa ou interna. 5.Son ovíparos. 6.Algúns teñen cola, como as píntegas.

Metamorfose

A metamorfose pódese definir como un conxunto de enormes transformacións que os anfibios sofren dende o seu nacemento ata que chegan a ser adultos. A metamorfose é diferente en cada tipo de anfibio, pero no caso da ra, este proceso ten lugar da seguinte maneira: 1. O macho debe liberar os seus espermatozoides na auga, o que debe ter lugar ao mesmo tempo que a femia deposita os seus ovos para que ambas células sexuais se poidan unir. 2. Despois dun par de semanas na auga, dos ovos fecundados nacen as larvas, as cales aínda non teñen a boca desenvolvida e respiran mediante branquias. 3. A medida que a súa boca e outras partes do seu corpo se desenvolven, as larvas tranfórmanse en cágados, os cales continúan respirando mediante branquias e aliméntanse de algas microscópicas. 4. Progresivamente, os cágados desenvolven as patas de atrás e pasan de ser herbívoros a converterse en carnívoros. 5. A continuación, comézanlles a saír as patas de adiante e, ao mesmo tempo, a cola comézaselles a facer máis pequena ata desaparecer, sendo nesta fase cando o animal comeza a desenvolver pulmóns, polo que as branquias desaparecen progresivamente. 6. Finalmente, a cola desaparece totalmente e a formación dos pulmóns complétase, polo que a transformación do cágado en ra finaliza.

As aves

1. Teñen 4 extremidades (as posteriores son patas e as anteriores son ás). 2.Teñen peteiro sen dentes, ás, plumas e patas. 3.Respiran mediante pulmóns. 4.Son homotermas (manteñen estable a súa temperatura corporal independetemente do medio no que se atopen). Son ovíparas (as femias poñen ovos que incuban coa calor do seu corpo). 5.A súa reprodución é sexual e teñen fecundacion interna. 6.Son ovíparas 7.Teñen ósos ocos para pesar menos e poder voar. 8. Non todas poden voar, como as avestruces. 9.Existen dous tipos: as voadoras (águia, corvo...) e as corredoras (avestruz, ñandú...)

Os peixes

1. Herbívoros: aliméntanse de plantas acuáticas ou algas, como os muxes. 2. Carnívoros: aliméntanse doutros peixes, insectos, crustáceos, moluscos e outros invertebrados, como o atún ou as troitas. 3. Omnívoros: aliméntanse de vexetais e doutros animais, como as carpas.
1.Son animais acuáticos (viven no mar, en ríos ou lagos). 2. Teñen a pel recuberta de escamas. 3.Respiran mediante branquias, as cales lles permite obter osíxeno da auga e expulsar o dióxido de carbono. 4.As súas extremidades son as aletas. 5.Non son capaces de controlar a súa temperatura corporal, polo que esta depende do ambiente no que se atopen (son animais de sangue fría). 4. A súa reprodución é sexual e son ovíparos, pero hai algúns ovovivíparos. 5.Algúns teñen fecundación externa (liberan os gametos na auga, na cal se produce a fecundación e o desenvolvemento das crías, polo que non incuban os seus ovos) e outros interna. 6.O seu esqueleto está formado por espiñas. 7. Teñen vexiga natatoria (especie de bolsa que se enche de gases para permitirlle controlar a profundidade á que se sitúan).

Os réptiles

1.Teñen o corpo recuberto de escamas, as cales mudan cada certo tempo. 2. Teñen pulmóns. 3. Son poiquilotermos (su temperatura corporal depende del medio en el que se encuentran). 4.Teñen eprodución sexual e fecundación interna. 5.Son ovíparos (non incuban os ovos) e unha minoría ovovivíparos. 6. Teñen catro patas cortas, agás as serpes que carecen de extremidades. Algúns teñen coiraza, como as tartarugas, e otros lingua bífida.

Mamíferos

Segundo a súa alimentación, poden ser:
1. Herbívoros: aliméntanse de plantas. Entre os herbívoros, cabe mencionar ao grupo dos rumiantes (dixeren os alimentos en 2 etapas), como a xirafa ou a vaca. 2. Carnívoros: aliméntanse de carne, como o lobo ou as focas. 3. Omnívoros: aliméntanse de plantas e carne, como os raposos e os osos.
Características
1. Case todos teñen pelo. 2. As femias teñen glándulas mamarias para alimentar a s súas crias (de aí o seu nome). 3.Teñen 4 extremidades (poden ser patas, como os corzos, aletas, como as focas, ou ás, como os morcegos. 4.Respiran mediante pulmóns 5. Son homotermos. 6. A súa reprodución é sexual e teñen fecudación interna (o óvulo e o espermatozoide únense no interior da femia). 7. Son vivíparos. 8. Case todos son terrestres e uns poucos mariños ou voadores. Ex: morcego, golfino, orca, balea, ornitorrinco (pon ovos)...

Características dos animais vertebrados

Teñen esqueleto interno, que é o que os disferencia dos animais invertebrados (non teñen esqueleto interno): -Divídese en 3 partes: cabeza, tronco e extremidades. -O esqueleto permite: soster e dar forma ao corpo, protexer os órganos internos e realizar movementos (pois forma parte do aparello locomotor).

1. Herbívoras: aliméntanse de plantas, como os gansos ou as perdices. 2. Carnívoras: aliméntanse de carne, como a aguia ou a anduriña. 3. Omnívoras: aliméntanse de plantas e carne, como a galiña ou a pomba.