Luokat: Kaikki - anélidos - artrópodos - arácnidos - crustáceos

jonka Marisol López 6 vuotta sitten

1229

Os animais Invertebrados

Los cnidarios son animales marinos mayormente carnívoros que utilizan células urticantes en sus tentáculos para capturar presas. Tienen reproducción sexual y son ovíparos. Los anélidos, comúnmente conocidos como gusanos, tienen cuerpos segmentados en anillos y pueden vivir tanto en agua como en tierra.

Os animais Invertebrados

Os animais invertebrados

Moluscos

Gasterópodos

1.A maioría son mariños, como as lapas, aínda que hai algúns terrestres, como os caracois. 2.Teñen cabeza ben diferenciada do seu corpo e os ollos localízanse en tentáculos situados na cabeza. 3.Os mariños respiran mediante branquias e os terrestres a través de pulmóns. 4.Moitos deles teñen cuncha externa formada por 1 soa peza, normalmente con forma de espiral, como os bígaros, aínda que tamén os hai que non teñen cuncha, como as lesmas.

Cefalópodos

1.Todos son mariños. 2.Ningún ten cuncha externa, excepto o nautilo. Algúns teñen unha cuncha interna denominada pluma, como a xibia. 3.Na cabeza teñen tentáculos, de aí o seu nome. 4.Respiran mediente branquias. 5.Teñen un cerebro moi desenvolvido. 6.Algúns segregan unha tinta negra para agocharse dos depredadores. Algúns exemplos os polbos, as luras ou os calamares.

Bivalvos

1.A mairía son mariños. 2.A maioría viven na area ou suxeitos á ás rochas. 3.Teñen unha cuncha formada por 2 pezas chamadas valvas. 4.Respiran mediante branquias. Algúns exemplos son as navallas, os mexillóns ou as vieiras.

Caracterísitcas comúns
1.Teñen o corpo brando. 2.Algúns poden ter unha cuncha externa (como os caracois) ou interna (como as luras), ou non ter ningunha (como as lesmas). 2.A maioría son acuáticos (respiran por branquias), aínda que hai algúns terrestres (respiran por pulmóns). 3. Posúen reprodución sexual e son ovíparos.

Artrópodos

Tipos
Miriápodos

1. Teñen moitos pares de patas articuladas. 2. Teñen 2 antenas. 3. Teñen o corpo dividido en aneis cun par de patas cada un (cempés) ou con dous (milpés). 5. Diferéncianse dos anelidos en que teñen patas articuladas, antenas e exoesqueleto.

Crustáceos

1.A maioría son mariños. 2.Teñen cefalotórax. 3.Teñen 8 patas, 2 pinzas e 2 antenas. Algúns exemplos son o lubrigante, o cangrexo, a nécora ou a cigala.

Arácnidos

1.A súa cabeza e tórax están unidos formando o cefalotórax. 2.Teñen 8 patas. 3. Non teñen antenas. 4. Teñen quelíceros (pezas bucais) ou aguillóns con veneno para defenderse e cazar as súas presas. Algúns exemplos son os escorpións e as arañas.

Insectos

1.O seu corpo divídese en cabeza, tórax, abdome, antenas, patas e ás. 2.Teñen 6 patas. 3.Teñen 2 antenas. 4.A maioría ten ás. 5.Algúns forman sociedades que se dividen en grupos organizados, nos que cada insecto desempeña unha determinada función (como as abellas). Algúns exemplos:bolboretas, saltóns, formigas...

Características comúns
1.Teñen un corpo articulado, dividido en: cabeza, tórax e abdome. 2.Teñen patas articuladas. 3.Moitos teñen antenas. 4.Teñen exoesqueleto, o cal mudan ao longo da sua vida 5.Poden ser acuáticos ou terrestres, e algúns poden voar. 6.Algúns teñen metamorfose (conxunto de cambios que sofren dende que nacen ata que son adultos), como as bolboretas.

Cnidarios (medusas, actinias e corais)

1. Son carnívoros e cazan as súas presas cos seus tentáculos e gracias a unhas células urticantes situadas na súa pel denominadas cnidoblastos. 2.Teñen reprodución sexual e son ovíparos. 3.A maioría son mariños. 4.Viven fixados ao substrato, polo que non se poden desprazar, agás as medusas, que poden nadar.

Equinodermos

1.Son mariños. 2.Teñen simetría radial. 3.O seu corpo está cuberto de placas calcarias que poden estar soldadas ou non e que lles da un aspecto rugoso con saíntes ou pugas. 5.A súa reprodución é sexual (ovíparos) ou asexual (escisión). Algúns exemplos son as estrelas, ourizos de mar ou holoturias.

Poríferos

1.O seu corpo non ten simetría e é irregular. 2.Teñen o corpo cheo de poros, os cales lles permiten filtrar a auga e absorver desta as substancias das que se alimentan (nutrientes e osíxeno). 3. Teñen reproducción sexual ou asexual. 4. Teñen exoesqueleto (texido duro e ríxido que recobre o seu corpo) formado por esponxina. Algúns exemplos son as esponxas de mar.

Anélidos

1.Teñen o corpo brando, alongado e dividido en aneis (de aí o seu nome). Comunmente, coñécense como gusanos. 2.Teñen a pel húmida. 3.Non teñen patas articuladas. 4.Poden vivir na auaga ou na terra. 5.Algúns son parásitos, polo que poden causar enfermidades aos seres humanos. 6. Teñen reprodución sexual e son ovíparos. 7.Existen varios tipos: oligoquetos, poliquetos e hirudíneos. Algúns exemplos son as lombrigas, o gavilán ou as samesugas.

Características

1. Non teñen esqueleto interno. 2. A maioría son ovíparos. 3. En ocasións non contan cunha estrutura externa que protexa ao seu corpo, pero noutras si, podendo ser esta protección proporcionada por cunchas (como a ameixa) ou por unha pel dura (como os escaravellos).