Categorie: Tutti - usos - tronco - hábitat - árbol

da Julio Darriba mancano 7 anni

522

Carballo

El carballo común es una robusta y majestuosa especie arbórea que puede alcanzar alturas considerables con un tronco recto y limpio. Se distribuye principalmente en Europa atlántica y continental, Anatolia, el Cáucaso y algunas regiones del norte de África.

Carballo

Carballo

Follas

Follas: De 5 - 18 x 2,2 - 10 Cm, son de folla caduca, membranosa, son máis claras na parte inferior, que na superior;Teñen de 4 a 8 pares de nervios secundarios e o pecíolo é curto( 2 a 7 mm).
Follas en Outono

Familia

O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas.

Descrición Xeral

O Carballo común, é unha árbore robusta que en espesura crece co tronco dereito e limpo sen ramificarse ata os 15m. Cando atopase aillado, súa copa faise ancha irregular con ramas tortuosas, nudosas e acodadas que proporcionan escasa sombra.

Usos

Ademais a cultura e as lendas galegas artéllanse arredor desta árbore, chea de espiritualidade e pasado sagrado, sempre vencellado á forza (rexo ou forte coma un carballo). Tamén é a árbore sagrada do País Vasco, de Alemaña e en xeral da cultura celta.

Aproveitamentos

A comunidade de montes do Carballo, en Friol, converteuse nunha referencia en Galicia na diversificación do aproveitamentos con proxectos de cabalos, cebo de porco celta, apicultura y recollida de setas. Cando a actual xunta rectora da comunidade de montes do Carballo (Friol, Lugo) entrou na dirección, en 2007, se encontrou cun monte veciñal como tantos que hai en Galicia. A comunidade estaba conxeniada cona Xunta, que se limitaba a facer un aproveitamento da madeira e a repartir beneficios cos veciños. En aquel momento, a xunta rectora propuxo por retomar o control do monte, un proceso que se dilatou dous anos, y por facer da comunidade un proxecto vivo no que participa toda a parroquia.

Nome en castelán:roble

Nome en galego:carballo

Nome científico: Quercus robur

Froitos

-Froitos: O seu froito é a landra, ten unha maduración anual, e de cor brillante,castaño cun pedúnculo de ata 12 cm e cúpula de 8 - 15 x 15 - 20 mm, ten escamas ovaladas - triangulares, máis ou menos sobrepostas e soldadas entre si; Florece de abril a maio e as landras maduran de outubro a novembro.

Tronco

Tronco:O tronco é dereito con casca lisa gris e na década dos 20, pasa a ser marrón, grosa, con lonxitude rachada.

Habitat

É autóctono da Europa atlántica e continental, aparecendo tamén na Anatolia, no Cáucaso e nalgunhas partes do norte de África. Na Península Ibérica esténdese dende o norte de Portugal ata os Pireneos. En Galicia foi a especie principal durante séculos. A súa extensión veuse en regresión por mor á actividade humana e á substitución das zonas onde había carballeiras por especies autóctonas, principalmente piñeiros, mimosas e eucaliptos; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente no interior do país a causa da perda de poboación, recolonizando terreo agrícola. Segundo un estudo realizado en 2003, esta especie é dominante en 195 028 ha