类别 全部 - propaganda - galego - guerra - independencia

作者:tercera evaluación 4 年以前

338

TEXTOS 1ºTERZO DO SÉC XIX [1800-1830]: OS INICIOS DA RECUPERACIÓN CULTURAL (PEDRO MOSQUERA CERQUEIRO 1ºBACH A)

Durante el primer tercio del siglo XIX, Galicia experimentó una recuperación cultural notable. La tradición de crear villancicos navideños y de Reyes se mantuvo viva, con las catedrales de Mondoñedo y Santiago destacando como centros importantes de producción de estos cantos, muchos de los cuales permanecen anónimos, aunque algunos tienen autores reconocidos como Luís Corral y Antonio Mª de Castro e Neira.

TEXTOS 1ºTERZO DO SÉC XIX [1800-1830]: OS INICIOS DA RECUPERACIÓN CULTURAL (PEDRO MOSQUERA CERQUEIRO 1ºBACH A)

TEXTOS 1ºTERZO DO SÉC XIX [1800-1830]: OS INICIOS DA RECUPERACIÓN CULTURAL (PEDRO MOSQUERA CERQUEIRO 1ºBACH A)

Mostras literarias do 1º terzo do séc XIX-LITERATURA DE CIRCUNSTANCIAS

TEATRO
A casamenteira; Antonio Benito Fandiño

Sainete en verso para catro persoas dividido en tres cadros que trata o tema dos casamentos amañados (ten certas similitudes con La Celestina)

Peza teatral creada no cárcere de Santiago no 1812

OS VILANCICOS DE NADAL E REIS
Continúa a tradición da creación de vilancicos tan arraigada en Galicia ao longo da historia. Teñen gran importancia as catedrais de Mondoñedo e Santiago, xa que foron verdadeiras escolas de creadores de vilancicos.

A meirande parte dos vilancicos que se conservan son anónimos

Aínda que algúns sexan de autores coñecidos

Luís Corral

Antonio Mª de Castro e Neira

ESCRITOS PROPAGÁNDISTICOS
O diálogo propagandístico

Outros diálogos

A tertulia de Picaños

Diálogos na alameda de Santiago

Tertulia na Quintana

O tío Farruco; Pedro Boado: Un avogado explica aos labregos, con citas xurídicas e relixiosas, que o abade do lugar non ten dereito a recibir un pago polos denominados "dereitos de estola e pé da altar", imposto que constituía unha carga máis para a feble economía dos labregos e contribuía a encher as arcas da todapoderosa igrexa

Novo xénero literario que xorde neste período conformado por diálogos propagandísticos que son escritos satíricos de caracter popular nos que se reflicten unha suposta conversa entre varios interlocutores que opinan sobre temas da sociedade e da política do momento, cuxa función é didáctica, xa que se pretendía que a xente do pobo entendese mellor as mensaxes políticas

Escritos políticos propagandísticos

Das primeras décadas do XIX son textos literarios nos que prevalece de novo a finalidade utilitaria, é dicir, textos propagandísticos que reflicten a confrontación ideolóxica entre conservadores e liberais.

Os rogos dun galego establecido en Londres: Romance do crego liberal Manuel Pardo de Andrade que é unha crítica contra o absolutismo e contra o estamento clerical

OS ESCRITOS DA GUERRA CONTRA OS FRANCESES
As primeiras manifestacións escritas da literatura galega no séc.XIX son versos e prosas que non teñen un extraordinario valor literario pero posúen gran importancia para o coñecemento da realidade do idioma galego a principios dese século.

A Guerra da Independencia provocou que apareceran textos en galego chamando ao pobo a loitar contra os franceses. Estes textos, con finalidade utilitaria, apareceron en libros, en follas soltas ou en xornais; ás veces redactados só en galego e outras eran bilingües.

As proezas de Galicia; José Fernández Neira: trátase dun pequeno relato que consiste na conversa entre dous compadres que dialogan sobre diversas fazañas dos galegos nas loitas contra os franceses. No libriño relátanse diferentes accións bélicas nas que participou o autor, realizando o valor dos galegos para que servise de exemplo aos restantes españois

Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento; Romance anónimo: é un panfleto propagandístico en verso que trata de animar aos mozos galegos a loitar en defensa da patria e da relixión contra o invasor francés, símbolo de todos os males