av tercera evaluación 4 år siden
322
Mer som dette
Sainete en verso para catro persoas dividido en tres cadros que trata o tema dos casamentos amañados (ten certas similitudes con La Celestina)
Peza teatral creada no cárcere de Santiago no 1812
A meirande parte dos vilancicos que se conservan son anónimos
Aínda que algúns sexan de autores coñecidos
Luís Corral
Antonio Mª de Castro e Neira
Outros diálogos
A tertulia de Picaños
Diálogos na alameda de Santiago
Tertulia na Quintana
O tío Farruco; Pedro Boado: Un avogado explica aos labregos, con citas xurídicas e relixiosas, que o abade do lugar non ten dereito a recibir un pago polos denominados "dereitos de estola e pé da altar", imposto que constituía unha carga máis para a feble economía dos labregos e contribuía a encher as arcas da todapoderosa igrexa
Novo xénero literario que xorde neste período conformado por diálogos propagandísticos que son escritos satíricos de caracter popular nos que se reflicten unha suposta conversa entre varios interlocutores que opinan sobre temas da sociedade e da política do momento, cuxa función é didáctica, xa que se pretendía que a xente do pobo entendese mellor as mensaxes políticas
Das primeras décadas do XIX son textos literarios nos que prevalece de novo a finalidade utilitaria, é dicir, textos propagandísticos que reflicten a confrontación ideolóxica entre conservadores e liberais.
Os rogos dun galego establecido en Londres: Romance do crego liberal Manuel Pardo de Andrade que é unha crítica contra o absolutismo e contra o estamento clerical
A Guerra da Independencia provocou que apareceran textos en galego chamando ao pobo a loitar contra os franceses. Estes textos, con finalidade utilitaria, apareceron en libros, en follas soltas ou en xornais; ás veces redactados só en galego e outras eran bilingües.
As proezas de Galicia; José Fernández Neira: trátase dun pequeno relato que consiste na conversa entre dous compadres que dialogan sobre diversas fazañas dos galegos nas loitas contra os franceses. No libriño relátanse diferentes accións bélicas nas que participou o autor, realizando o valor dos galegos para que servise de exemplo aos restantes españois
Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento; Romance anónimo: é un panfleto propagandístico en verso que trata de animar aos mozos galegos a loitar en defensa da patria e da relixión contra o invasor francés, símbolo de todos os males